Por que non imos á escola o 1 de novembro?
· Durante todo o ano celebramos a festa de moitos santos famosos. Pero a Igrexa quixo lembrar que no ceo hai moitos santos que non caberían no calendario.
· Por iso dános esta festa de Todos os Santos que inclúe a todas as persoas que xa están no ceo. Multitudes de santos descoñecidos para nós pero amados por Deus. Entre eles os nosos familiares, amigos, veciños...
Que é esa festa?
A festa de Todos os Santos non é só para lembrar ás persoas que están no ceo, senón tamén unha invitación a ser santos e a poder vivir algún día no ceo con Deus e os nosos familiares.
Como se celebra?
· Durante os días anteriores realízanse visitas frecuentes aos cemiterios para limpalos e decoralos con todo tipo de flores, especialmente crisantemos.
· A visita aos cemiterios realízase o 1 de novembro. É un rito de lembranza e homenaxe aos devanceiros.
· En todas as igrexas celébranse misas en memoria dos seres queridos.
· As velas preséntanse durante toda a noite e o cemiterio permanece aberto. Ningún sepulcro está carente de luz e flores.
. Tamén comemos doces especiais estes días como rosquillas, ósos de santo ou panellets.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario